ALCALDÍA

O Concello asigna nome a sete rúas e unha praza

03/03/2008 A Xunta de Goberno, a proposta do alcalde, acordou outorgar nome a nove novas rúas e a unha praza da cidade.

Con estas asignacións, o vieiro Sar-Pontepedriña pasa a denominarse Clara Campoamor. No Sunp-34 de Boisaca, as rúas A, B e C convértense, respectivamente, en rúa de María Ángeles de la Gándara (Chocha Bescansa); rúa de Ignacio Rivas Marqués e rúa de José Villar Granjel. Noutra parte da cidade, en Galeras, as rúas C, D e E pasan a ser rúa de Isaac Díaz Pardo, rúa de Carlos Brionés Varela e rúa de Marie Curie.

Tamén se lle dá nome aos xardíns da Porta do Camiño, que dende agora denomínanse Praza do 8 de marzo.

Compartir: