CONSORCIO

Unha escolma de poemas trae á memoria á Rosalía de Castro máis compostelá

27/02/2008 Dentro dos actos conmemorativos do 171 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o Consorcio de Santiago e Alvarello Editora, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, veñen de editar "Versos a Compostela". A obra é a primeira escolma dos poemas de escritora nos que a cidade do Apóstolo se converte nun referente lírico e vital dentro da súa obra.

Nun acto celebrado na Fundación Granell, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou esta edición bilingüe de "Versos a Compostela". Nela, os lectores percibirán a influencia que sobre Rosalía a cidade que a viu nacer un 24 de febreiro de 1837.

Nas páxinas deste libro, os lectores poden percibir a emoción que a cidade de Santiago exerce sobre Rosalía; a mesma cidade que a veu nacer un 24 de febreiro de 1837. Xunto aos seus versos, froito da escolma realizada por Helena Villar Janeiro, unha serie de antigas e significativas fotografías de Compostela.

"Versos a Compostela" estrutúrase en dúas partes. A primeira, "Igrexas e campanas", recolle unha serie de poemas que teñen a Santiago como referencia directa. A segunda, "Compostela río arriba", abarca a cidade como "marco máis distante" ou, como di tamén na introdución Xesús Rábade Paredes, "como simple contraste da vida farturenta fronte a paisaxes rurais máis deprimidas".

A selección temática de conxunto non só servirá para ofrecer a posibilidade de ler a poesía de Rosalía de Castro dende unha perspectiva exclusivamente compostelá, senón tamén para achegar á moitos estudosos a oportunidade de valorar algunhas facetas da súa creación, non suficientemente estudadas ata o de agora.

Todos os textos escolmados en "Versos a Compostela" pertencen a Follas Novas (1880), agás o poema longo de Santa Escolástica de" A las orillas del Sar" (1884), no que Rosalía ofrece un percorrido lírico pola xeografía pétrea de Compostela.

Compartir: