REFORMA ADMINISTRATIVA

O Concello inicia a contratación dos seus servizos telefónicos

25/02/2008 Veñen de aprobarse os pregos e iniciarse o expediente para contratar os servizos de telefonía fixa e móbil, así como o servizo de transmisión de datos.

Polo que se refire ao servizo de telefonía fixa, o tipo de licitación é de 165.00 euros anuais e unha duración prevista do contrato de dous anos, prorrogables a dous anos máis adicionais. O adxudicatario deberá ocuparse dos servizos primarios de acceso, do servizo de mantemento e configuración das centraliñas, dos terminais de voz, das infraestruturas, da electrónica e dos enlaces instalados. Tamén deberá ofertar unha solución para o control individual de tarificación por extensión.

En canto ao servizo corporativo de telefonía móbil, fíxase un tipo de licitación de 93.500 euros anuais e unha duración de dous anos prorrogable por outros dous. Finalmente, o servizo corporativo de transmisión de datos terá un tipo de licitación de 34.000 euros e unha duración de dous anos tamén prorrogables polo mesmo período. Neste servizo inclúense cuestións como as transmisións entre os edificios do Concello, a conexión de acceso a Internet, o direccionamento público, o reenvío de corroe ou a xestión DNS.

Compartir: