CENTROS SOCIOCULTURAIS
O local, cunha superficie útil de perto de 160 metros cadrados, procede do aproveitamento urbanístico cedido ao Concello por unha promotora. Despois dun investimento de arredor de 150.000 euros para o desenvolvemento do proxecto de acondicionamento do mesmo e da adquisición do correspondente mobiliario, o novo local quedará integrado na rede municipal de centros socioculturais dependendo no seu caso do Centro sociocultural da Trisca.
Na planta baixa do local distribúense a recepción e a información, ademais dunha aula de informática, outra de talleres e un salón de usos múltiples, mentres que na entreplanta se sitúa a zona de uso asociativa.
O local sociocultural quere ser un punto de información para o veciños de Sar, onde poderán atopar información sobre os diversos servizos e prestacións municipais e das entidades do barrio. Pero ademais, o local é un lugar de encontro para o desenvolvemento de actividades diversas programadas. Así, na zona de información e consulta de programas facilítase a oferta sociocultural e de interese veciñal do barrio do Sar. Na aula informática da Asociación Veciñal do Sar están programados unha serie de cursos de iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos. Ademais, nesta aula pódese acceder a internet, previa petición e tempo limitado. A aula de usos múltiples destínase á realización de talleres, exposicións de pequeno formato, xuntanzas de entidades, conferencias, encontros e foros, mentres que na aula de talleres se realizarán diversas actividades de estudio, lectura, xogos de mesa, etcétera. Por último, no local sociocultural desenvolverá as súas actividades a Asociación de Veciños de Sar, que conta cun programa específico.
O centro do Sar forma parte da rede municipal de equipamentos socioculturais, polo que as peticións de uso que queiran facer os veciños dirixiranse ao Csc da Trisca, que é o centro do que depende o novo equipamento.
O barrio de Sar estrea novo local sociocultural
15/07/2005 O sábado 16 de xullo, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, inauguraba o novo centro sociocultural de Sar, situado na rúa Ponte de Sar, nº 43 (baixo).
O barrio de Sar dispón dun novo equipamento sociocultural, sito na rúa Ponte de Sar nº 43, baixo (esquina rúa Diego Bernal). Trátase dun moderno espazo onde a veciñanza poderá dispor de servizos á participación cidadán e ao tempo de ocio.O local, cunha superficie útil de perto de 160 metros cadrados, procede do aproveitamento urbanístico cedido ao Concello por unha promotora. Despois dun investimento de arredor de 150.000 euros para o desenvolvemento do proxecto de acondicionamento do mesmo e da adquisición do correspondente mobiliario, o novo local quedará integrado na rede municipal de centros socioculturais dependendo no seu caso do Centro sociocultural da Trisca.