EMPREGO

O servizo de atención ao público do Proxecto Crear atendeu case 2.800 consultas en catro meses

20/02/2008 O servizo de atención ao público do Proxecto Crear que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, atendeu 2.799 consultas desde o 1 de outubro do 2007 ao 31 de xaneiro do 2008.

Do total, 1.515 peticións de información, o 54,23% foron de persoas que pasaron polas oficinas do programa, situadas na rúa Hórreo número 100. O resto, 1.274 consultas, o 45,52%, atendéronse a través do teléfono 981 568 752. 1.816 consultas, o 64,88%, foron realizadas por mulleres; e as outras 983, o 35,12%, por homes.

Desglosado por meses, en xaneiro o servizo de atención ao público do Crear atendeu 667 consultas (224 de homes e 443 de mulleres), 374 foron de visitas recibidas e 293 a través do teléfono. As outras 2.132 peticións de información contabilizáronse no último trimestre do 2007: 735 en outubro, 788 en novembro e 609 en decembro.

O obxectivo do Proxecto Crear, do que se está desenvolvendo a cuarta edición, é que accedan ao mercado de traballo persoas con especiais dificultades de inserción laboral. O Crear IV ten un custe total de 420.000 euros, cofinanciados pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. O programa abrangue todos os aspectos a ter en conta cando se busca emprego: a avaliación das capacidades da persoa demandante, a formación, as prácticas en empresas e a orientación titorizada no proceso de procura de traballo.

No Proxecto Crear IV, que comezou en xuño de 2007 e está previsto que remate o 31 de marzo, participan 200 persoas desempregadas. Dende que empezou o programa e ata o 31 de xaneiro accederan ao mercado laboral 101 usuarios, un 50,5% do total de participantes. Das 101 persoas inseridas laboralmente 67 son mulleres e 38 homes. Outros 26 participantes no proxecto (19 mulleres e 7 homes) están realizando prácticas profesionais nalgunha das 93 empresas visitadas. Ademais, no marco do Crear IV, programáronse 23 actividades formativas cunha duración total de 504 horas lectivas.

Compartir: