DEPORTES

Compostela acolle o Campionato Nacional Feminino de Seleccións Autonómicas de Fútbol

20/02/2008 Os campos de Santa Isabel e das Cancelas acollerán os días 23 e 24 de febreiro a segunda fase do Campionato Nacional Feminino de Seleccións Autonómicas de Fútbol.

O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou este campionato, que reunirá en Santiago ás seleccións Sub-18 e Sub-25 de Aragón, Estremadura, Asturias e Galicia. Ademais da competición propiamente dita, está prevista unha recepción no Concello ás participantes.

Á rolda de prensa de presentación deste evento asistiron tamén o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Antonio Lobelle, e o delegado local da Federación, Enrique Fernández Otero.

Compartir: