BENESTAR SOCIAL

Benestar Social promove un programa educativo para familias en situación de ruptura

18/02/2008 A Xunta de Goberno ratificou a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención de 42.075 euros para o desenvolvemento do Programa de acción educativa na rúa e en familias en situación de ruptura. O Concello achegaría 21.955 euros a esta iniciativa.

Este proxecto estruturarase en dúas actividades: educación de rúa, dirixida fundamentalmente a nenos e adolescentes en situación de risco social, e ruptura de parella e non de familia, que ten por obxectivo prestar asesoramento e atención psicolóxica para paliar os efectos que nalgúns casos provocan as separacións dos pais nos fillos. O Concello xa ven realizando estes dous programas nos últimos anos.

O Goberno local tamén aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e o centro asociado da Coruña da Universidade Nacional de Educación a Distancia para a realización de prácticas por parte dos alumnos de titulacións relacionadas cos servizos sociais.

Compartir: