URBANISMO

Inícianse as expropiacións necesarias para construír o vieiro de acceso aos solos industriais de Formarís

18/02/2008 A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou o proxecto de expropiación necesario para executar o vieiro de acceso aos solos industriais previstos en Formarís. Esta infraestrutura permitirá conectar a estrada N-550 cos ámbitos industriais SUNP-37.3, SUNP-38 e FINSA.

Segundo a concelleira, este vieiro é "fundamental para articular e vertebrar estes solos industriais". O proxecto de expropiación, elaborado por Emuvissa, afectará a 21 propietarios e suporá un investimento de 421.000 euros. Rosón indicou que se trata de pequenas parcelas, pero necesarias para construír os enlaces. Ábrese un prazo dun mes para que os afectados formulen as súas alegacións.

Por outra parte, acordouse fixar un prazo de tres meses para o cumprimento de condicións no proxecto de equidistribución da unidade de actuación número 7 (UA-7) do PERI-7, en Pontepedriña. Deste xeito, demándase aos propietarios a ratificación, en escritura pública, das modificacións no proxecto de equidistribución acordadas na Xunta de Goberno Local do 30 de decembro de 2005.

Compartir: