EDUCACIÓN

Chega a Santiago a mellor exposición de bolboretas de España

11/02/2008 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugurou unha singular exposición sobre bolboretas e artrópodos dos cinco continentes no Colexio La Salle. Alí estará ata o 22 de febreiro.

Esta mostra está considerada como a mellor exposición de bolboretas de España e unha das mellores de Europa. O seu autor colecciona todas as especies de bolboretas de España e innumerables especies do resto do mundo. Pódense ver bolboretas e artrópodos de todas as ecozonas do mundo, de todas as formas, tamaños e cores.

A Concellaría de Educación convidou aos centros educativos a visitar esta exposición, que estará aberta polas tardes de 17:30 a 19:00 horas para o público en xeral. Para os colexios, abrirase en horario escolar dende as 9:00 ás 17:30 horas do 18 ao 22 de febreiro.

Compartir: