PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica emitiu 25 certificados para obter descontos publicitarios

08/02/2008 Vintecinco empresas e comercios beneficiaronse no ano 2007 de descontos en tarifas publicitarias grazas á aplicación do Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial, recollido nun convenio asinado entre a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e os principais medios de comunicación que operan en Santiago. A cifra é un moi superior á edición do 2006, ano no que se emitiron catro certificados.

O obxectivo da concellaría con este programa foi potenciar o uso da publicidade coma un investimento rendible. O convenio, que comenzou a aplicarse o pasado mes de maio, rematou o 31 de decembro do 2007.

Ao Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial puideron acollerse os comercios participantes no Concurso de Escaparatismo SCQ Shooping e no Concurso de I+C. Imaxinación máis Comercio, e as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias das liñas de subvencións de Compostela Activa, Equal Compostela Social, Persoa e dos demáis programas de creación de empresas da Concellaría de Promoción Económica e Comercio.

O funcionamento do sistema de contratación de publicidade foi o seguinte: a Concellaría emitiu un certificado a comercios e empresas participantes, que lles servía para contratar directamente a publicidade aos prezos especiais fixados polos medios de comunicación asinantes nos anexos adxuntos ao convenio. Estes medios eran: Cadena COPE-Radio Popular, Cadena Ser-Radio Galicia, Grupo Correo Gallego, Onda Cero-Europa FM, Compostelavisión, S.L. (LOCALIA) e o Grupo Voz..

Compartir: