ALCALDÍA

Estudantes iberoamericanos aproxímanse á realidade compostelá

09/02/2008 No marco do programa Vivir España, da Fundación Carolina, un grupo de estudantes iberoamericanos está en Santiago para participar en diversas actividades. Aproveitando a súa estancia na cidade, tamén visitaron Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A finalidade de Vivir en España é facilitar aos beneficiarios dos distintos programas da Fundación Carolina a participación nunha serie de actividades que lles permitan complementar a súa formación académica e contribúan a asegurar a calidade da súa estancia en España. Preténdese ademais que facilite unha aproximación á nosa cultura e unha ferramenta de diálogo que estimule o achegamento de realidades sociais e culturais diversas. Os beneficiarios son fundamentalmente estudantes de países iberoamericanos, cos que a Fundación Carolina promove relacións culturais e de cooperación en materia educativa.

Compartir: