TURISMO

Os máis pequenos aprenderán a cociñar no Fórum Gastronómico Santiago’08

07/02/2008 Os nenos terán un lugar no Fórum Gastronómico Santiago’08. Durante o 16 e o 17 de febreiro, na Aula de Nenos celebraranse obradoiros gastronómicos de gran nivel pedagóxico, que suporán unha iniciación na cociña de xeito activo e divertido.

O obxectivo da Aula de Nenos, orientada a rapaces de 6 a 12 anos, é que os máis pequenos coñezan, manipulen e degusten distintos alimentos, coa intención de insistir na importancia de comer san e de seguir unha dieta equilibrada. Os nenos adentraranse no mundo da gastronomía da man dalgúns dos prestixiosos chefs que participan no Fórum.

O prazo de inscripción para participar nalgunha destas sesións gratuítas da Aula de Nenos atópase aberto e xa é posible reservar praza no teléfono 981 569 194. Tamén se pode reservar praza no propio despacho de billetes do Palacio de Congresos.

O aforo é de 35 nenos por sesión. O horario das convocatorias na Aula de Nenos é: 10:30, 12:15, 14:00 (inclúe o xantar), 16.30 e 18.30 horas.

Compartir: