EDUCACIÓN

A concelleira de Educación recibiu a 30 alumnos alemáns

04/02/2008 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, recibiu en Raxoi a un grupo de 30 alumnos e alumnas de 15 e 16 anos das cidades alemás de Hammelburg e de Bad Kissingen, situadas cerca de Würzburg, na Baixa Franconia. O nome dos institutos é Jakob-Kaiser-Realschule e Staatliche Realschule Bad Kissingen.

Este grupo está en Santiago de Compostela dende o 31 de xaneiro e participa en diferentes actividades de coñecemento da cidade, organizadas polo Departamento de Educación. Tiveron a oportunidade de visitar o IES Rosalía de Castro, centro co que queren establecer un intercambio en cursos vindeiros e propiciar a estadía de alumnos de Santiago nesas cidades xermanas. Xa é o segundo ano que veñen a Santiago e comentaron o interese que están notando entre o alumnado en aprender o castelán, en viaxar a Santiago e en coñecer o seu Camiño.

Compartir: