EIXO ATLÁNTICO

Competicións de baloncesto, balonmán, fútbol a 7 e voleibol nos Xogos do Eixo Atlántico

13/07/2005 Continúan a desenvolverse os VI Xogos do Eixo Atlántico en Santiago coas competicións nas modalidades dos deportes colectivos.

Tras o acto de inauguración oficial dos VI Xogos do Eixo Atlántico, que tivo lugar o martes 12 de xullo na Praza do Obradoiro de Santiago, continúan a desenvolverse os Xogos en Santiago. O mércores 13 de xullo é o turno das modalidades dos deportes colectivos, isto é, baloncesto, balonmán, fútbol a 7 e voleibol. Remata este mesmo día a primeira fase de clasificación.

Durante o xoves 14, continuará a segunda fase da competición, estruturada en dous grupos: os que
xogan por ser campións e os que compiten polos postos do 5º en adiante. Ao diminuír a carga competitiva iniciarase tamén o programa de actividades paralelas, ofertándose determinadas alternativas tales como visitas culturais, asistencia a exposicións, visitas turísticas, etcétera.

Compartir: