INFRAESTRUTURAS

A reurbanización da rúa Berlín farase coincidir coas obras de telecomunicacións no polígono 4 de Fontiñas

04/02/2008 A Xunta de Goberno aprobou a ampliación en 75 días do prazo de execución das obras de reurbanización da rúa Berlín. Esta medida responde á solicitude da xunta de compensación do polígono 4 de Fontiñas, co obxecto de realizar obras de telecomunicacións neste ámbito.

No polígono 4 realizaranse obras de instalación de comunicacións, rede de baixa e media tensión. Para non deteriorar a posterioridade as obras da rúa de Berlín, considerouse a conveniencia de facer coincidir ambas actuacións.

Deste xeito, amplíase o prazo inicial de execución en 75 días. Así, a data de finalización da obra sitúase o 17 de abril de 2008.

Compartir: