MULLER

Os escolares composteláns achegarán ideas para unha campaña sobre o reparto familiar das tarefas domésticas

04/02/2008 Un concurso de ideas permitirá achegar contidos para unha campaña da Concellería de Benestar Social e Muller sobre a corresponsabilidade familiar na realización de tarefas domésticas. O Goberno local aprobou as bases deste concurso, dirixido ao alumnado do primeiro ciclo da ESO.

Os alumnos farán un cartel, que deberán presentar antes do 4 de abril. O traballo gañador será a imaxe dunha campaña de sensibilización e concienciación que realizará o Concello, co financiamento da Deputación da Coruña.

O cartel terá como lema "¿Cómo se deben repartir as tarefas domésticas dentro da familia?. O traballo gañador, realizado en forma de debuxo, collage ou fotografía, ademais de converterse en cartel da campaña, será premiado con 1.000 euros para actividades educativas ou culturais do centro ao que pertenza o alumno, que tamén recibirá un agasallo. O segundo premio será un lote de libros. Con todos os traballos realizarase unha exposición.

Compartir: