OBRAS

Renovación da rede de saneamento na rúa de Belvís

28/01/2008 O Goberno local aprobou o proxecto de renovación dun tramo de 70 metros da rede de saneamento da rúa de Belvís. O importe da obra, que xa se está a executar, é de 16.968 euros.

Esta actuación realízase ante o afundimento da rúa de Belvís nun punto e ante o mal estado dos colectores de saneamento nun tramo de 70 metros. Esta situación podería dar lugar a novos afundimentos no pavimento e supoñía un atranco para o tráfico. Por este motivo estase a realizar a obra con carácter de urxencia.

Estas obras obrigan a algún corte de tráfico e á modificación do tráfico. Destas incidencias os usuarios teñen cumprida información na sección de Avisos desta páxina web.

Compartir: