MOBILIDADE

O Concello solicita a Presidencia a cesión dun novo vehículo para Protección Civil

28/01/2008 A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá solicitará á Consellería da Presidencia a cesión en propiedade dun vehículo especialmente preparado para misións de Protección Civil. A Xunta de Goberno deu o visto bo a esta tramitación.

De ser concedida esta cesión, o Concello asumiría o 15% do valor do vehículo (5.000 euros aproximadamente), os gastos de matriculación, o imposto especial sobre determinados medios de transporte, os seguros e o mantemento do mesmo.

Colaboración para a posta en marcha da Policía Local de Brión
Por outra parte, o Goberno local acordou a cesión dun vehículo ao Concello de Brión por un período de seis meses. Deste xeito, Santiago colabora coa posta en marcha da Policía Local neste municipio limítrofe, a petición do seu alcalde, José Luís García. Transcorridos os seis meses, o vehículo volverá ao Concello de Santiago.

Compartir: