EDUCACIÓN

Educación destina 36.000 euros a obras de mantemento e fontanería nos centros escolares

28/01/2008 A Xunta de Goberno deu o visto bo a un investimento de 36.000 euros da Concellaría de Educación para resolver avarías e desperfectos que se dan durante o curso e que é preciso arranxar de modo urxente.

Dunha parte, destinaranse 18.000 euros a diversas obras de mantemento, a executar por empresas ou directamente polo persoal do concello. Trátase de obras como: substitución de cristais, arranxos de portas e fiestras, substitución de azulexos ou pavimentos, retoques de pintura, arranxos de encerados, limpezas extraordinarias, arranxos de equipamento deportivo, transporte e retirada de mobiliario en desuso ou traballos de xardinería, entre outros.

Máis especificamente, dedícase outra partida de 18.000 euros para traballos xerais de fontanería, tales como o arranxo, substitución ou instalación de cisternas, urinarios, inodoros, billas, sumidoiros e tuberías, así como os arranxos de albanelería provocados polas reparacións.

Compartir: