ALCALDÍA

O traslado de Emuvissa a Sar deixa espazo no Pazo de Bendaña para a biblioteca Eugenio Granell

25/01/2008 O traslado da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) ás súas novas oficinas de Sar deixa libre o espazo que esta ocupaba no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell. Deste xeito, aquí situarase a completa biblioteca do artista cedida a Compostela.

Uns 8.000 libros compoñen a colección literaria de Eugenio Granell, que agora atopan un lugar idóneo na súa Fundación. Pola súa parte, Emuvissa traballará agora nun local en planta baixa e primeiro na rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, en Sar. As obras supuxeron un investimento de máis de 300.000 euros.

Compartir: