ALCALDÍA

Os tres rexistros estarán nun local céntrico da cidade

25/01/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que "para a semana que ven esperamos chegar a un acordo para o local onde se ubicarán os tres rexistros". Na súa opinión a "solución óptima" é un inmoble ben comunicado no centro da cidade, onde estean os dous Rexistros da Propiedade e o novo Rexistro do Mercantil.

A elección do local no centro da cidade –neste momento existen dúas opcións– responde á necesidade de "facilitar as cousas aos clientes, pois moitos deles teñen que ir dun rexistro a outro", apuntou Bugallo. Ademais, esta situación sería idónea "para ir aos notarios", engadiu.

O alcalde amosouse "razonablemente optimista" na previsión de que, elixido o local e realizadas as obras necesarias, o Rexistro do Mercantil poida abrir no mes de xuño. Así llo plantexou a novo rexistrador, Santiago Blasco, na reunión mantida o xoves 24. Aínda que inicialmente se pensara en situar o novo servizo do mercantil preto dos dous rexistros da propiedade, a solución máis idónea é situar os tres rexistros no mesmo local.

Compartir: