ALCALDÍA

Montevideo e Compostela fortalecen a súa colaboración

24/01/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Xunta Departamental de Montevideo, Gabriel Weiss, de visita en Santiago para participar en distintos encontros empresariais.

Gabriel Weiss estivo acompañado polo cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Gonzalo Köncke. Na xuntanza falaron da colaboración entre o país americano e Santiago, materializada en varias iniciativas ás que achega fondos o Concello e que se concretaron na última visita de Sánchez Bugallo a Uruguai.

A Xunta Departamental é o órgano lexislativo e de control do Goberno Departamental. Componse de 31 edís, elixidos por un período de cinco anos.

Compartir: