DEPORTES

Comezan os VI Xogos do Eixo Atlántico en Santiago

12/07/2005 Mozos de dezasete cidades de Galicia e do norte de Portugal reúnense estes días en Compostela para competir nos "VI Xogos do Eixo Atlántico", que se celebrarán ata o vindeiro 16 de xullo.

O luns 11 de xuño chegaron a Santiago todos os participantes dos VI Xogos do Eixo Atlántico, para celebrar ás 19 horas a primeira das competicións, o atletismo en ruta, polas principais rúas da cidade.

O martes 12 da comezo a competición en todas as disciplinas, rematando a última hora da mañá as que se refiren ao atletismo en pista, o atletismo para discapacitados e a natación. Pola tarde, ás 18.45 horas, terá lugar o acto oficial de inauguración na Praza do Obradoiro, onde estarán presentes autoridades políticas das cidades participantes.

As disciplinas deportivas que integran a sexta edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que persiguen a consolidación de disciplinas deportivas de carácter transfronteirizo, son o baloncesto feminino e masculino, natación feminina e masculina, atletismo feminino e masculino, atletismo para discapacitados feminino e masculino, balonmán masculino, voleibol femenino e fútbol a 7 masculino.

O número estimado de deportistas que está previsto que participen nestes sextos Xogos do Eixo Atlántico é de 1.400 rapaces e rapazas acompañados polos seus respectivos adestradores e coordinadores.

O formato de congregar nunha mesma cidade a todos os deportistas adoptouse na segunda das edicións, concretamente na celebrada en 1997. Posteriormente seguíronlle as Cidades de Chaves (1999), Ourense (2001) e Bragança (2003). Na V edición celebrada na cidade de Bragança incorporouse por primeira vez a discapacitados intelectuais.

Compartir: