ALCALDÍA

Novas actuacións viarias para San Lourenzo

22/01/2008 Os representantes da Asociación de Veciños Río Sarela, de San Lourenzo, reuníronse co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Obras, Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, aos que lles explicaron as súas principais demandas para o barrio.

Sánchez Bugallo comentoulles a necesidade de fixar un orde de prioridades nas actuacións solicitadas. Así, entre as obras que se van a estudar está a dunha rampla de acceso para minusválidos entre San Lourenzo e o Campus Sur, ou a nova pavimentación na rúa das Figueiriñas.

Igualmente, existe o compromiso de estudar a apertura dun vieiro entre a corredoira dos Muíños e a carballeira de San Lourenzo. Tamén se contempla a creación, a carón da carballeira, dunha rotonda de acceso ao Campus.

Compartir: