ALCALDÍA

Melilla propón irmandarse con Santiago

18/01/2008 Aproveitando a súa presenza en Santiago con motivo do irmandamento entre os colexios da avogados de Santiago e Melilla, o vicepresidente da Cidade Autónoma de Melilla, Abdelmaik El Barkani, propúxolle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o irmandamento entre as dúas cidades.

Sánchez Bugallo agradeceu o ofrecemento melillense e comprometeuse a traballar nesta posibilidade. "Dende a Corporación recollemos a iniciativa de propiciar un irmandamento entre as dúas cidades a nivel institucional e iniciaremos os trámites oportunos", sinalou.

Visita a Raxoi
O vicepresidente da Cidade Autónoma xa tivera ocasión de falar co alcalde na visita realizada horas antes acompañando aos representantes do Colexio de Avogados de Melilla, irmandados cos seus homónimos composteláns.

Bugallo mantivera un encontro coa delegación, encabeza polos presidentes do colexio melillense, Blas Imbroda, e compostelán. A presenza dos avogados melillenses en Compostela coincidía coa celebración da festividade colexial de San Raimundo de Peñafort, día no que se entregan as medallas de ouro da entidade.

Compartir: