CENSO

Ábrese o prazo para consultar as listas do censo

18/01/2008 As listas do censo estarán expostas ao público dende o día 21 ao 28 de xaneiro. Os cidadáns deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.

O horario de atención ao público para consultas ou para presentar posible reclamación administrativa sobre os seus datos censuais será de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres na Oficina do Padrón Municipal, sita nos baixos do Concello, Praza do Obradoiro nº 1. Tamén poden chamar ao teléfono do Concello de Santiago 981 542 318.

Para calquera consulta teñen á súa disposición o teléfono 901 101 900 no seguinte horario: de luns a venres, 8:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 horas; sábados e festivos, 9:00 a 14:00 horas.

Compartir: