ALCALDÍA

O Consello Xacobeo analizou en Santiago as iniciativas previstas para o Ano Santo 2010

15/01/2008 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo asistiu ao pleno do Consello Xacobeo, celebrado no Hotel Monumento San Francisco. Alí coincidiu co ministro de Cultura, César Antonio Molina; co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e coa conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

A posibilidade de aplicar de beneficios fiscais, un congreso científico, dúas exposicións itinerantes ou a convocatoria de axudas á investigación sobre o Camiño de Santiago foron algúns dos asuntos tratados na reunión. Cómpre lembrar tamén que o mantemento do trazado do Camiño de Santiago, a súa sinalización, a conservación dos bens vinculados ao mesmo, a mellora paisaxística do seu contorno ou a promoción nacional e internacional da Rota Xacobea son cuestións sobre as cales o Consello Xacobeo pode formular propostas de actuación ás Administracións competentes.

Na xuntanza participaron representantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja, Aragón, Navarra e Castela e León. Todos eles analizaron algunhas das iniciativas previstas para o Xacobeo 2010. De feito, o Consello Xacobeo e o órgano de relación entre o Estado e as Comunidades Autónomas polas que pasa o Camiño, a fin de coordinar as actuacións relacionadas con esta rota e cos Anos Santos. .

Compartir: