CULTURA

Cultura presenta a xira "De cerca... Chenoa" no Teatro Principal

14/01/2008 A xira "De cerca... Chenoa" fará unha parada no Teatro Principal o luns 21 de xaneiro, ás 21:00 horas. Será un encontro especial, organizado pola concellaría de Cultura en colaboración con Cadena 100. As entradas para acceder de balde, con convite, poderanse recoller nas taquillas do Principal a partir do xoves 17, pola tarde.

O horario da taquilla será ese xoves de 18:00 a 21:00 horas e, a partir do día seguinte, de 12:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas. Poderán collerse un máximo de dúas entradas por persoa e ata completar o aforo do Teatro Principal.

Esta xira ten de especial que a artista interactúa co público máis que nun concerto habitual. Así, nun ambiente intimista, ademais de escoitar os mellores temas da artista en directo, o público poderá facerlle preguntas para coñecela con maior profundidade. Será, polo tanto, unha cita especial que de seguro gozarán os seguidores da artista mallorquina. "De Cerca... Chenoa" fará parada, ademais de na nosa cidade, en Barcelona, Zaragoza e Alicante.

Compartir: