CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de Fontiñas inaugura a exposición "Personaxes e paisaxes"

14/01/2008 A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta Personaxes e paisaxes, unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

A presentación e inauguración da mostra terá lugar no Centro Sociocultural de Fontiñas o martes 15 de xaneiro, ás 20:00 horas. A exposición percorrerá durante catro meses os centros socioculturais de Fontiñas, O Ensanche, Conxo, Castiñeiriño, A Trisca e Vite.

Compartir: