ALCALDÍA

Compostela, un modelo urbano para Santiago de Cuba

14/01/2008 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao conservador oficial de Santiago de Cuba, Omar López, de visita en Compostela para pronunciar unha conferencia. Na xuntanza, falaron de rehabilitación e asentaron uns vínculos xa antigos entre as dúas cidades.

O arquitecto cubano ten a nosa cidade como un referente no seu labor na Oficina do Conservador de Santiago de Cuba. Así, a rehabilitación do Casco Histórico de Compostela é un exemplo para o labor de conservación de vivendas emprendido na cidade cubana.

Invitado polo Colexio de Arquitectos de Galicia, Omar López falará sobre "Santiago de Cuba: unha alternativa de futuro". Na conferencia explicará o modelo de desenvolvemento urbano desta cidade caribeña e as súas implicacións sociais.

Compartir: