MERCADOS

A inminente sinatura do convenio con Vivenda e coa Xunta permitirá iniciar as obras da praza de Abastos

14/01/2008 A Xunta de Goberno deu conta da concesión ao Concello dunha subvención de 150.000 euros, outorgada pola Dirección Xeral de Comercio, para a remodelación da praza de Abastos. En concreto, a axuda destinarase fundamentalmente ao acondicionamento de varios postos de venda no recinto.

Este acondicionamento previo é necesario, segundo explicou o concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, para situar nunha nave distinta a aqueles comerciantes que se verán afectados por esta actuación. Precisamente, as obras na praza de Abastos poderían comezar en abril ou maio, unha vez que se asine o convenio entre o Concello, a Xunta e o Ministerio de Vivenda para a súa execución.

A remodelación da praza de Abastos suporá un investimento de preto de 5,2 millóns de euros. As obras realizaranse de xeito que afecten o menos posible á vida diaria da praza. A previsión de Nieves é que "como moito, a finais do 2009 estea todo rematado".

Compartir: