ALCALDÍA

O Concello negocia coa Igrexa a construción dunha capela en Meixonfrío

09/01/2008 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o mércores 9 a representantes da Asociación Veciñal Casa Agraria, de Meixonfrío. No encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, informaron aos veciños das negociacións coa Igrexa para a sinatura dun convenio que permita a constitución dunha parroquia en Meixonfrío e a construción dunha igrexa, como os veciños demandaron.

Tamén se falou da mellora e reurbanización dalgunhas rúas, que o alcalde se comprometeu a levar a cabo. Nestes momentos estase a acometer o alumeado dalgúns tramos. O alcalde explicou tamén o futuro que o novo PXOM contempla para a zona de Meixonfrío.

Compartir: