ALCALDÍA

Sánchez Bugallo apunta como retos para 2008 a vivenda protexida, o emprego e a promoción do aeroporto

20/12/2007 A Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal, á que estaban convidadas persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, apuntou como retos para o 2008 a promoción da cidade e do aeroporto, a vivenda protexida e o emprego. Ademais, indicou que xa será tempo para ir preparando o Ano Santo 2010.

Nun momento en que "temos a percepción de que entramos nun escenario distinto na economía", Bugallo chamou á tranquilidade dunha "cidade cunha base sólida e económica equilibrada".

E para rematar, brinde por un bo Nadal e por un venturoso ano 2008.

Compartir: