URBANISMO

Comezan as xuntanzas sectoriais para explicar en detalle o PXOM

06/07/2005 Cunha xuntanza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e dos técnicos municipais de Urbanismo cos integrantes do Consello de Relacións Veciñais comezou o martes, 5 de xullo, a ronda de xuntanzas que desenvolverá o Concello con distintos sectores da cidade para explicar polo miúdo os contidos do Plan Xeral do Ordenación Municipal.

Despois desta primeira xuntanza serán os integrantes do Consello Económico e Social os que participen na segunda convocatoria deste tipo, prevista para o mércores 6 de xullo, ás 20.30 horas, no Pazo de Fonseca, lugar onde permanece a exposición sobre o PXOM.

Na xuntanza detállanse as liñas xerais deste fundamental documento urbanístico e aténdense as consultas e dúbidas sobre o mesmo.

A próxima semana serán os membros de Federación das Asociacións de Veciños das Zonas Rurais (FERUSA) os convocados a unha nova xuntanza.

Compartir: