EDUCACIÓN

COGAMI e Banessa Giménez gañan a XV edición dos Premios Vagalume

18/12/2007 O xurado dos XV Premios Vagalume designou como gañadores desta edición á Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), no apartado colectivo, e a Banessa Giménez Giménez, no apartado individual. Os galardóns entregaranse o mércores 19 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar no Hotel Araguaney.

Os Premios Vagalume recoñecen o traballo de colectivos ou de persoas individuais que desenvolven as súas actividades cunha clara vocación social. O xurado estivo presidido pola concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e integrado por Fidel Martín Rocha (Cruz Vermella), Amelia Pereira Menaut (Cáritas Interparroquial), Ana Salgado (Obra Social CaixaGalicia), Amelia González Brandariz (PP), Xosé A. Baqueiro Canabal (PSOE) e Elvira Cienfuegos López (BNG).

Compartir: