CENTROS SOCIOCULTURAIS
Renovado o uso sociocultural do local da praza de Vigo
17/12/2007 O Goberno local acordou renovar o aluguer do local de 156 metros na praza de Vigo, por un importe de 789 euros ao mes. O contrato terá unha duración dun ano, coa posibilidade de prorrogalo.
Neste local desenvólvese un labor complementario ao do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. Así, entidades do barrio como a Asociación Veciñal Alba, a Asociación de Mulleres Alba ou a Asociación Galega de Arte e Cultura, entre outras, desempeñan o seu traballo dende este local.