MOBILIDADE
De igual xeito que os técnicos municipais autorizados poderá acceder ao rexistro, o Concello deberá comunicar á Dirección Xeral de Tráfico as sancións graves e moi graves impostas no prazo máis breve e, en ningún caso, máis alá dos 15 días seguintes á súa firmeza. A comunicación neste caso tamén será telemática.
O Concello terá acceso aos rexistros de vehículos e persoas da Xefatura Central de Tráfico
17/12/2007 A Dirección Xeral de Tráfico facilitará ao Concello de Santiago a conexión telemática directa co rexistro de vehículos e persoas. Así se establece nun convenio asinado entre as dúas institucións ao que lle deu o visto bo a Xunta de Goberno.
O convenio ten unha vixencia dun ano, prorrogable de xeito automático polo mesmo prazo. Esta colaboración non xera obrigas económicas.De igual xeito que os técnicos municipais autorizados poderá acceder ao rexistro, o Concello deberá comunicar á Dirección Xeral de Tráfico as sancións graves e moi graves impostas no prazo máis breve e, en ningún caso, máis alá dos 15 días seguintes á súa firmeza. A comunicación neste caso tamén será telemática.