EDUCACIÓN

Unifícase o servizo de limpeza e control das instalacións dos centros de infantil e primaria

17/12/2007 A Xunta de Goberno aprobou os pregos e o inicio do expediente para a contratación do servizo de limpeza, conserxería e control das instalacións dos centros públicos de educación infantil e primaria dependentes do Concello. Establécese un tipo de licitación de 1.032.040 euros e un prazo de execución de dous anos prorrogables.

Esta unificación do servizo supón unha novidade, xa que ata agora o Concello viña contratando individualmente os servizos para cada centro. Os complexos afectados por esta medida son os CEIP Apóstolo Santiago, A. Casas Novoa, Colexiata de Sar, Fontiñas EI, Fontiñas EP, Lamas de Abade, López Ferreiro, Monte dos Postes, Pío XII, Quiroga Palacios, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Rodríguez Xixirei, Roxos-Villestro e Vite. O servizo tamén inclúe os pavillóns polideportivos daqueles colexios que o teñen.

Compartir: