ALCALDÍA

Compostela liderará un proxecto europeo sobre cidades intelixentes

14/12/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o luns 17, en Rennes (Francia), a Comisión Executiva da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA). Na mesma renderase homenaxe ao alcalde desta vila francesa, Edmond Hervé, impulsor deste grupo de cidades europeas, que deixa o seu cargo en marzo de 2008.

Na xuntanza analizarase a marcha dos catro grupos de traballo: Desenvolvemento Urbano e Portos, Desenvolvemento Económico, Cultura e Patrimonio e Transporte e Accesibilidade, liderados respectivamente por Coventry (Inglaterra), San Sebastián, Lisboa (Portugal) e Nantes (Francia) .Dentro do grupo de Desenvolvemento Económico, Sánchez Bugallo anunciou que Santiago vai por en marcha un proxecto sobre cidades intelixentes, no que participará unha cidade de cada país.

Compartir: