ALCALDÍA

O Real Aeroclub celebrou a festa da súa patroa

11/12/2007 O Real Aeroclub de Santiago celebrou no seu local de Xeneral Pardiñas un acto na honra da patroa da aviación, a Virxe de Loreto, que por extensión é a patroa do club. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o evento, no que se entregaron diplomas aos novos pilotos.

Cómpre lembrar que a orixe desta entidade está na promoción da aviación. A fundación oficial de Real Aeroclub de Santiago data de 1947. O seu principal impulsor foi o coronel de Aviación Francisco Iglesias Brage, que realizou as xestións para instalar no aeródromo de Lavacolla unha Escola de Pilotos Civís.

Compartir: