ALCALDÍA

A zona sur dótase de novos servizos

12/12/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o novo centro Eroski, situado en Volta do Castro. Diversos colectivos, empresarios e veciños participaron neste acto, co que unha das grandes cadeas de alimentación española consolida a súa implantación en Santiago.

O novo supermercado sitúase nunha zona sur da cidade en ampla expansión, con novos polígonos de vivendas coma os de Volta do Castro ou Santa Marta. Conta cunha superficie de 1.387 metros cadrados e estará atendido por 27 persoas. Os usuarios terán á súa disposición 76 prazas de aparcadoiro de balde.

Compartir: