EDUCACIÓN

O Nadal, en clave de danza infantil

12/12/2007 A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova edición de "Nadal de Danza", que nesta ocasión celebra o venres 14 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Ata 104 alumnas de catro centros educativos da cidade amosarán o traballo realizado nesta disciplina, que se imparte como actividade extraescolar.

O programa estará composto por unha ampla variedade de coreografías, como A raíña das neves, O barbeiro de Sevilla, A bela durminte, No fermoso Danubio Azul, Cats, Freedom, ou Cincenta. Da aprendizaxe de todas elas encargáronse as bailarinas e profesoras Beatriz Viñal, Eva Cancio, Silvia Miramontes e Mercedes Martínez.

O espectáculo terá unha duración de algo máis de 60 minutos. Nel participan as alumnas do CEIP Pío XII, do CEIP López Ferreiro, do Colexio San Xosé de Cluny e do IES Xelmírez I.

Guadalupe Rodríguez destacou a importancia deste certame para seguir promovendo a danza en Compostela, porque, como dixo, "este é o mellor proxecto de danza da cidade". Ademais destacou o labor "entusiasta" das mestras nos centros educativos e fixo un chamamento aos alumnos para que se animen tamén a bailar.

Compartir: