RELACIÓNS VECIÑAIS

Obras complementarias na Casa das Asociacións

10/12/2007 Tal como anunciara o alcalde na súa recente visita ás obras da Casa das Asociacións, esta será sometida a algunhas actuacións complementarias. Así, a Xunta de Goberno adxudicou a redacción do proxecto modificado da devandita rehabilitación da antiga estación, por importe de 1.900 euros.

Estas obras complementarias teñen que ver coa dotación dun grupo electróxeno autónomo e co reforzamento da iluminación. O obxectivo marcado por Sánchez Bugallo é que o complexo estea listo entre a primavera e o verán de 2008.

A Casa das Asociacións, situada na antiga estación de ferrocarril, dará cobertura ao movemento asociativo de Santiago como elemento canalizador da participación cidadá. Será un centro polivalente e integrador, que albergará actividades formativas, informativas e actividades de ocio. Alí estará a sede da Concellaría de Relacións Veciñais. Ademais, o edificio contará cunha oficina de información asociativa, con despachos e dependencias para o persoal e para as sedes das asociacións usuarias, salón de actos e conferencias, e salas de traballo, talleres e reunións.

Compartir: