TRANSPORTES

Tarifas dende medio euro por viaxe para os universitarios que empreguen o transporte urbano

10/12/2007 O Goberno local aprobou o convenio de transporte urbano entre o Concello e a Universidade de Santiago para o período 2007-2010, ou sexa, durante tres cursos académicos. Os universitarios beneficiaranse así de bonificacións nas tarifas, de forma que poden viaxar dende 0,50 euros por viaxe.

Este prezo de 0,50 euros será o que pagarán cando fagan recargas de 100 viaxes. No caso dos bonos de 10 viaxes, o prezo será de 0,53 euros por viaxe. A actualización de tarifas fíxose en función do IPC.

O convenio tamén contempla que, de non existir inconvenientes técnicos, a nova Tarxeta Intelixente da USC (TUI) teña integrado o propio bono de transporte. Deste xeito, permitirase o uso da TUI e dos bonos de transporte universitario ata a eliminación progresiva destes últimos. Tanto uns coma os outros terán unha validez que coincidirá co ano académico de adquisición.

Compartir: