Infraestruturas

Extraco comezará a construír o novo edificio do parque de bombeiros proximamente

04/07/2005 A Xunta de Goberno celebrada o luns 4 de xullo adxudicou as obras de construcción do novo parque comarcal de Bombeiros, en Salgueiriño, á empresa EXTRACO, por un importe de 1.878.205 euros.

O equipo de goberno adxudicou á empresa Extraco as obras do novo parque de bombeiros, que estará situado en Salgueiriño. O prazo de execución é de 18 meses, e o tipo de licitación ascende a 1.878.205 euros. A Consellería de Xustiza achegará o 40% do custo das obras, así como a Deputación Provincial, e o 20% restantes corresponde ao Concello. O edificio estará situado xunto ao edificio da UMAD, en Salgueiriños.

Compartir: