URBANISMO

O Ministerio de Defensa, a Xunta e o Concello reuniranse en Santiago para tratar o tema de Bando

03/12/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón Ferreiro, mantivo unha xuntanza no Ministerio de Defensa co director xeral de Infraestruturas, Jaime Jesús Denís Zambrana, ao que acompañaba o subdirector xeral de Patrimonio do devandito Ministerio, José Manuel Gordillo.

A xuntanza encádrase nas conversas que a Alcaldía vén mantendo co Ministerio por mor da situación dos terreos militares de Bando. Unha vez que se ten chegado a un principio de acordo sobre os terreos do Aeroclub, acordouse centrar o traballo na chamada operación de Bando e decidiuse convocar unha nova xuntanza de traballo a mediados de decembro en Santiago de Compostela á que tamén asistirá unha representación do goberno da Comunidade Autónoma para intercambiar puntos de vista sobre o tema.

Compartir: