URBANISMO
O deseño deste polígono é obra do arquitecto César Coll, que tivo en conta a necesidade de dar tamén unha solución estética a esta zona, coa creación de edificios que cubrirán as traseiras dos edificios que teñen o seu fronte na rúa Rosalía de Castro.
Vía libre ao SUP-1 de Romero Donallo
03/12/2007 A Xunta de Goberno acordou non admitir a solicitude de nulidade do acordo de aprobación definitiva do expediente de delimitación do SUP-1 de Romero Donallo. Deste xeito conclúense os trámites administrativos previos ao desenvolvemento deste solo, que conectará urbanística e esteticamente o Ensanche cos novos polígonos de vivendas do sur.
Neste solo construiranse unhas 200 vivendas, acompañadas de amplas dotacións de servizos, zonas verdes e deportivas e unha gran praza. Tamén haberá unha nova rúa, que transcorrerá por debaixo do periférico e que unirá esta superficie con Pontepedriña. Este é un polígono de promoción privada.O deseño deste polígono é obra do arquitecto César Coll, que tivo en conta a necesidade de dar tamén unha solución estética a esta zona, coa creación de edificios que cubrirán as traseiras dos edificios que teñen o seu fronte na rúa Rosalía de Castro.