ALCALDÍA

Unha mostra de Luis Caruncho abre a nova galería Metro

30/11/2007 Unha antoloxía pictórica do artista galego Luís Caruncho serviu para abrir as portas da nova galería Metro, situada na rúa Nova, 24.

"Luís Caruncho, 50 anos de paixón" é o título da exposición, inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo nun, acto ao que tamén asistiu, entre outros, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego. Recolle obras realizadas ao longo das últimas cinco décadas polo artista.

A mostra é a primeira da nova galería Metro Arte Contemporánea, promovida polo Grupo Bitango, conglomerado de empresas con sede social en Madrid e patrocinador da Fundación FEIMA, que promove e difunde a arte e a cultura galega. Segundo os seus director, Javier Blanco, este novo espazo nace co ánimo de fomentar o coleccionismo de arte como mecanismo de difusión, promoción e revalorización do patrimonio cultural e artístico.

Compartir: