COMERCIO

Promoción Económica emite 25 certificados para aproveitar o convenio de colaboración cos medios de comunicación

26/11/2007 A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo emitíu dende maio 25 certificados para que comercios e empresas poidan acollerse aos descontos en publicidade que os medios de comunicación local ofertan a través do Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial. O obxectivo da Concellería é potenciar o uso da publicidade coma un investimento rendible.

Os comercios participantes no Concurso de Escaparatismo SCQ Shooping e no Concurso de I+C. Imaxinación máis Comercio, e as persoas físicas ou xurídicas beneficiarias das liñas de subvencións de Compostela Activa, Equal Compostela Social, Persoa e dos demáis programas de creación de empresas da Concellaría de Promoción Económica e Comercio, poden contratar a inserción de publicidade nos medios de comunicación locais grazas ao convenio asinado entre o Concello e os medios. Este convenio, que comenzou a aplicarse no mes de maio e remata o 31 de decembro, enmárcase no programa Compostela, capital de compras.

Os comercios que desexen beneficiarse destes descontos en publicidade pero que non cumpran os anteriores requisitos, poden apuntarse de xeito gratuito, ata o 14 de decembro, na Edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo SCQ Shooping. Para participar, os comerciantes só teñen que cubrir o formulario que se adxunta coas bases e envialo por fax ao número 981 55 4 296. Se non recibiron o formulario poden inscribirse a través do correo electrónico escaparatismo@santiagodecompostela.gal facendo constar os seguintes datos: nome do establecemento, sector, nome e apelidos do propietario, enderezo, teléfono, fax e correo electrónico. Una vez inscritos xa poden acollerese aos descontose ofertados no Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial.

O funcionamento do sistema de contratación de publicidade é o seguinte: a Concellaría de Promoción Económica e Comercio emite un certificado aos establecementos, persoas ou entidades que participaron nalgún dos programas especificados no convenio. Este certificado sírvelles para contratar directamente a publicidade aos prezos especiais fixados polos medios de comunicación asinantes nos anexos adxuntos ao convenio. Estes medios son: Cadena COPE-Radio Popular, Cadena Ser-Radio Galicia, Grupo Correo Gallego, Onda Cero-Europa FM, Compostelavisión, S.L. (LOCALIA) e o Grupo Voz. Todos eles comprométense a manter, ata o 31 de decembro do 2007, os prezos especiais que figuran nos anexos dos convenios. As tarifas poden consultarse na páxina web da Concellaría de Promoción Económica e Comercio, www.maiscompostela.org.

Compartir: