URBANISMO

O Concello cede unha parcela a FEGAMP nas Cancelas para a súa nova sede

26/11/2007 A Xunta de Goberno local aprobou a cesión gratuíta á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) dunha parcela no Sunp-4 das Cancelas e por un período de 75 anos.

A parcela cedida ten unha superficie de 2.163 metros cadrados. Será empregada pola FEGAMP para a construción da súa nova sede e das infraestruturas para desenvolver a súa actividade de formación continua do persoal da administración local.

O Concello considerou adecuada a cesión deste terreo, por estar ben comunicado e pola súa proximidade ao centro administrativo autonómico, tanto en San Caetano como en Salgueiriños. Tamén se considerou a vocación de usos terciarios que ten o sector no que se atopa o solo.

Alleamento de parcela en Picaños
Por outra parte, aprobouse a venda do 30,3% dunha parcela situada na unidade de xestión número 15 de Picaños, a favor dos copropietarios da parcela. A venta prodúcese por un importe de 177.858 euros, que se destinarán a financiar diversos proxectos de inversión.

Este alleamento soluciona a situación de prodivisión que tiña esta parcela e facilita así a súa edificación.

Compartir: